domingo, 5 de mayo de 2013

El tiempo en Valga


En internet se pueden encontrar numerosos widgets para incluir en nuestras webs o blogs. Si en la última ocasión aprovechamos los recursos del Instituto Galego de Estatística, en esta ocasión lo haremos con los del AEMet (Agencia Estatal de Metorología). Este organismo dependiente del Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente nos permite incluir una predicción de hasta cuatro días en nuestro blog. En la parte inferior del presente podeis ver las predicciónes correspondientes al ayuntamiento de Valga, con el estado del cielo, las temperaturas mínimas y máximas, probabilidad de precipitaciones y dirección e intensidad del viento. Una nueva funcionalidad que ayudará a proyectar la actividad según la predicción meteorológica.

sábado, 6 de abril de 2013

Datos estadísticos de Valga

A veces basta con usar los recursos que la administración pone a nuestra disposición para poder hacer pequeños análisis sociológicos de un municipio. El Instituto Galego de Estadística (IGE), proporciona un widget para incluir en páginas web y/o blogs los datos estadísticos más relevantes de Galicia o de cada municipio gallego. Así pues, he decidido ponerlo en el blog, para que podais tener actualizado (más o menos) las cifras valguesas en cuanto a población, nacimientos, defunciones, etc.
Así, comprobamos que Valga es mayoritariamente femenina (un 51,1% frente al 48,9% de población masculina). Que con datos de 2011, hubo 16 defunciones más que nacimientos, o que la edad media para tener un hijo/a de las mujeres valguesas es de 32 años. A Continuación podeis ver todos los datos que permite el IGE sobre valga a través de este widget.


sábado, 16 de marzo de 2013

Normativa de Pesca Fluvial 2013

Outro ano mais, comeza a tempada de pesca nos ríos galegos. A golpe de 17 de marzo tomaremos os equipos que levan dende setembro agochados no fondo do trasteiro, para poñelos a punto e buscar a tan ansiada captura. A dama do río amósase esquiva ante os engados dos máis expertos pescadores, que non por elo deixan de acudir á tan ansiada cita, coa ilusión de encher os cestos e darse unha homenaxe na mesa aderezada con unto e xamón. Outros buscarán a emoción da picada, deixando logo que o froito do seu esforzo volva á auga para repetir o proceso o ano que ven, desta volta con un peixe que, grazas á xenerosidade do pescador, será mais grande, mais esquivo, e loitará con mais forza.

Pero ós bos pescadores, xa sexan miñoqueiros, chatarreiros ou mosqueiros; xa sexan practicantes de pesca sen morte ou de pesca ó "cesto", sabemos que existen unhas normas que debemos cumprir. Así pois, deixo o enlace á normativa que rexe a pesca en Galicia no ano 2013, que edita a Xunta de Galicia, para que ningún usuario de cana e carrete caia na desinformación e por "erro" acabe con mais peixes no cesto que os permitidos, ou con aqueles que non dan a medida. Só se coidamos os ríos e embalses hoxe, poderemos seguir desfrutándoos mañá.

Boa pesca a tod@s!!

jueves, 7 de marzo de 2013

Una genialidad de Jason Yang: Skyrim

Jason Yang
Me encanta el sonido del violín. Me parece uno de los instrumentos más armoniosos del conjunto de cuerda de la música de cámara. Y no solo se puede usar para reproducir los grandes clásicos de Beethoven, Mozart, Grieg o Verdi.
Yason Yang es el ganador del Premio del Público 2010 de Verizon en Kollaboration, el más prestigioso de competencia de talentos de origen asiático. Hoy en día es una gran sensación en el circuito del violín eléctrico en Estados Unidos.
Dejo una auténtica obra de arte a continuación: una versión en violín acústico y eléctrico de dos temas de Skyrim. La composición sonora y visual dejan a uno sin palabras y con la boca abierta. A disfrutar!

domingo, 3 de marzo de 2013

Musica "clásica": TETRIS



Quien no reconoce la melodía del popular juego TETRIS? Pues navegando por la red me encuentro con una versión interpretada en el "Games in Concert 2" celebrada en los países bajos en 2007. Arranquemos una sonrisa al domingo!

domingo, 24 de febrero de 2013

Cumpreanos de Rosalía de Castro

Ela atopábase alí, nos billetes de 500 pesestas. Xunto con Isabel a Católica, é o único personaxe feminino non alegórico retratado no anverso de papel moeda en España. Rosalía de Castro. Pola súa obra Cantares Gallegos, o 17 de maio desfrutamos do Día das Letras Galegas.

Como boa veciña da comarca do Ulla, tivo nos seus pensamentos non só ó seu Padrón vital, senón tamén a Valga, entre outros lugares. Hoxe cúmprense 176 anos dende o seu nacemento, e segue sendo o máximo expoñente do noso idioma. Deixo a continuación, a modo de homenaxe, unha das súa composicións poéticas máis intimistas.


https://fbcdn-sphotos-e-a.akamaihd.net/hphotos-ak-prn1/482622_10200664470722520_1223715777_n.jpg 
Como chove miudiño,
como miudiño chove;
como chove miudiño
pola banda de Laíño,
pola banda de Lestrove.

¡Como a triste branca nube
truba o sol que inquieto aluma,
cal o crube i o descrube,
pasa, torna, volve e sube,
enrisada branca pruma!


Xa, dempois, lonxe espallada
polos aires fuxitivos,
desteñida, sombrisada,
nos espazos desatada,
cae brillando en raios vivos.

Misteriosa regadeira
fino orballo no chan pousa
con feitiña curvadeira,
remollando na ribeira
frol por frol, chousa por chousa.

Semellando leve gasa
que sotil o vento move,
en frotantes ondas pasa
refrescando canto abrasa,
o que o sol ardente crobe.

¡Como chove miudiño
polas veigas de Campaña!
¡Cal se enxugan de camiño
os herbales de Laíño!
¡Como a Ponte en sol se baña!

Para Caldas todo é escuro,
ceo azul lose na Adina,
trasparente, limpo e puro;
da Arretén no monte duro
nube corre pelegrina.

Triste vai, que á terra toca
xa cos pés de branca neve,
xa ca fina fresca boca;
triste vai, que ós ceos invoca
i a bicar o chan se atreve.

Triste vai cando se abate
vaporosa, soia e muda,
cando maina as alas bate
como un corazón que late
ferido por pena ruda.

Tal maxino a sombra triste
de mi maa, soia vagando
nas esferas onde existe;
que ir á groria se resiste,
polos que quixo agardando.

Vexo o Souto en parda sombra
envolvendo o seu ramaxe,
que por bon, do Rei se nombra,
donde fero o vento asombra,
roxe e estala de coraxe.

I o Palacio, serio e grave,
¡canto en pura luz se baña!
Tal parés pesada nave
que volver ó mar non sabe,
se encallou na fresca braña.

Vexo Valga á beira hermosa
dun camiño todo prata,
casta virxe candorosa,
sentadiña en chan de rosa,
vestidiña de escalrata.


A San Lois vexo brillando
bañado por tintas puras,
sol e sombras amostrando,
en reposo contemprando
montes, auguas e verduras.

I a Padrón, ponliña verde,
fada branca ó pé dun río,
froita en frol da que eu quixerde,
lonxe miro que se perde
baixo un manto de resío.

¡Que inchadiña branca vela
antre os millos corre soa,
misteriosa pura estrela!
Dille o vento en torno dela:
«Palomiña, ¡voa!, ¡voa!»

Faille arrolo a branda ría
cun remanso mormuxante,
que nás da arboleda umbría
baixo un toldo de alegría,
ó calor dun sol amante.

¡Sol de Italia, sol de amore...!
¿Ti paisax mellor alumas?
¿Ti máis rosas, máis verdore,
mellor ceu, máis soave core
ves do golfo antre as espumas?

¡Sol de Italia, eu non sospiro
por sentirte ardente raio!
Que outro sol temprado miro;
docemente aquí respiro
nun perene, eterno maio.

Nesta terra tal encanto
se respira... Triste ou probe,
rico ou farto de querbanto,
¡se encariña nela tanto
quen baixo o seu ceu se crobe!...

Os que son nela nacidos,
os que son dela mimados,
lonxe dela están doridos
porque van de amor feridos
por quen fono amamantados.

Polos fillos a nai tira,
xorda, triste, plañideira,
xeme, chora, e mais sospira,
e non para, hastra que os mira
ben chegar por derradeira.

¡Probe nai, canto te quero!
¡Nai tamén, ¡ai!, da nai miña!
O teu chan de amor prefiero,
a canto hai grande ou severo
en toda a terra xuntiña.

¿Como non si ora estou vendo,
nun paisax de prata e rosas,
canto a vida foi querendo,
cos meus ollos remexendo
memoriñas cariñosas?

¡Bosques, casa, sepulturas,
campanarios e campanas
con sons vagos de dozuras
que despertan, ¡ai!, ternuras
que en jamáis podrán ser vanas!

Elas fono as que tocaron
cando os meus alí naceron;
elas fono as que choraron,
elas fono as que dobraron
cando os meus avós morreron.

Elas fono as que alegriñas
me chamaban mainamente
nas douradas mañanciñas,
de mi maa cas cantiguiñas
i os biquiños xuntamente.

Inda vexo onde xogaba
cas meniñas que eu quería,
o enxidiño onde folgaba,
os rosales que coidaba
i a fontiña onde bebía.

Vexo a rúa solitaria
que en paz baña un sol sereno,
sin que a trube man contraria,
igual sempre, nunca varia,
veiga llana en campo ameno.

E tamén vexo enloitada
da Arretén a casa nobre,
donde a miña nai foi nada,
cal viudiña abandonada
que cai triste ó pé dun robre.

Alí está, sombra perdida,
vos sin son, corpo sin alma,
amazona mal ferida
que ó sentir que perde a vida
se adormece en xorda calma.

Casa grande lle chamaban
noutro tempo venturoso,
cando os probes a improraban,
e fartiños se quentaban
ó seu lume cariñoso.

Casa grande, cando un santo
venerable cabaleiro(2)
con tranquilo, nobre encanto,
baixo os priegues do seu manto
cobexaba ó perdioseiro.

Cando os cantos na capilla
da Gran casa resoaban
con fervor e fe sensilla,
rico fruto da semilla
que os varóns santos sembraban.

Ora todo silensioso
causa alí medo e pavura,
mora esprito temeroso
nos salóns onde o reposo
fixo un niño ca tristura.

Risas, cantos, armonía,
brandas músicas, contento,
festas, dansas, alegría,
se trocou na triste e fría,
xorda vos do forte vento.

No gran patio as herbas crecen
vigorosas sin coidado,
i as silveiras que frorecen
no seu tempo fruto ofrecen
ós meniños sazonado.

I ante aquel silencio mudo
que a trubar naide alí chega,
antre aquel ¡xa fun! tan rudo,
vese inteiro un nobre escudo
que a desir non son se nega.

Craros timbres mostra ufano
cun soberbo casco airoso...
mais detrás dun son tan vano
vese o probe orgullo humano,
homillado e polvoroso.

Tras da calada visera,
que hai uns ollos feridores
que nos miran, se dixera;
que nons din: todo é quimera
neste mundo de dolores.

¡Casa grande!, ¡triste casa!,
quen de aquí tan soia miro
parda, escura, triste masa,
¡casa grande!, pasa, pasa...
Ti xa n'es más que un sospiro.

Meus avós, ¡ai!, xa morreron,
os demais te abandonaron,
os teus lustros pereceron,
i os que millor te quixeron,
tamén de ti se apartaron.

Mes tras mes, pedra tras pedra,
ti te irás desmoronando
ceñida por sintas de hedra,

mentras que outra forte medra,
que así o mundo vai rolando.

¡Mais que lus, que colorido
nos espazos se dilata!
Luce o sol descolorido
i arco de iris xa nacido
longa sinta se desata.

Como chove miudiño,
como miudiño chove;
como chove miudiño
pola banda de Laíño,
pola banda de Lestrove.

jueves, 7 de febrero de 2013

Resumen lector de 2012


http://www.websatafi.com/joomla/images/stories/libros3.jpg

Durante 2012 he dedicado, como siempre, el último suspiro del día para leer a la luz de mi lámpara, cojín a la espalda, hasta que los párpados decían "no puedo más" y el sueño invadía mi mente. Hagamos balance lector del año:
  • Han caído 18 libros (1,5 por mes. 0,35 por semana. 0,05 por día)
  • Han sido 6378 páginas (531,5 por mes. 122,6 por semana. 17,5 por día)
Entre los títulos leídos figuran algunos como:
  • El clan del oso cavernario
  • Sandokán
  • La reina libertad
  • Iacobus
  • El último merovingio
  • El manuscrito godo
  • El jurado
  • El hombre invisible
  • U-571
  • ...
Este año, más y mejor.